Martes, 16 Outubro, 2018
ANTONIO CAMINO PINTOR, medalla de prata no GaliciaSkill2016 en Servizos de restaurante e bar
ANTONIO CAMINO PINTOR, medalla de PRATA no GaliciaSkill2016 en Silleda do 30-11 ao 1-12-2016, na especialidade de RESTAURANTE E BAR.  GaliciaSkill2016  Antonio carnet 

O alumno Antonio Camino, representou ao CIFP Compostela na cuarta edición do GaliciaSkill2016, obtendo a medalla de PRATA, ao obter a segunda mellor puntuación entre todos os candidatos/as dos centros educativos participantes, na especialidade de Restaurante e Bar. Este galardón servelle para ser suplente da gañadora que reprentará a Comunidade Autónoma de Galicia na Olimpíada SpainSkills 2017, que celebrará en Madrid no vindeiro mes de marzo de 2017.

Antonio ao igual que o restto de competidores tivo que afrontar diferentes probas, nas dúas xornadas do campionato, que consistiron en:

Proba 1: Viños -Identificar mediante cata olfactiva e vista catro viños brancos e catro tintos despois de familiarización.

Proba 2: Destilados - Identificar mediante cata olfactiva e vista seis augardentes da seguinte listaxe elixidas ao chou antes da proba: brandy de Xerez (Magno), coñac (Remy Martin), xenebra (Gordons), augardente de bagazo (Pazo), ron branco (Bacardi), ron vello (Cacique), tequila (Camino Real), whisky escocés (Ballantines), whisky americano (Four Roses), vodka (Smirnoff), kirsch (Bardinet) e calvados (Boulard).

Proba 3: Trinchado de froitas á vista da clientela - Realizar a peladura, corte e presentación dunha ración de froitas, tres extraídas desta relación: piña, mango, amorodo, laranxa, mazá e kiwi.

Proba 4: Posta a punto e servizo de mesa - Servir un menú concertado para catro comensais. A montaxe da mesa e a posta a punto deberán realizarse acordes ao menú e aos viños que se sirvan. En función das características dos pratos, o servizo realizouse utilizando os tipos de servizo á inglesa, en mesa auxiliar ou empratado. O servizo de augas e viños fixose de acordo coas súas características e en orde coa maridaxe do menú. O viño tinto decantouse antes do seu servizo. Os pratos foron: sopa minestrone gornecida, peixe con desespiñado, peza enteira de carne con trinchado, unha peza de tarta (cortar catro racións). Os viños: branco, tinto reserva ou gran reserva e augas minerais.

Módulo 5: Probas específicas: - Decantado dun viño Rva. - Tiraxe de cañas. - Elaboración de Capuchinos. - Elaboración de tres tomas dun cócktail. - Forrado de tablero de 200x80 cm.

Mais información: http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/6538

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2016/12/06/estudiantes-santiago-ganan-cuatro-primeros-premios-dos-segundos-olimpiada-fp/0003_201612S6C4991.htm

 

Noraboa a Antonio pola súa profesionalidade demostrada e ao seu titor Antonio Servia e demais equipo docente.

Antonio traballoAntonio medallaAntonio