Martes, 16 Outubro, 2018
Gabriel Vilar medalla de BRONCE en EuroSkills2016
Gabriel Vilar medalla de BRONCE en EuroSkills2016  EuroSkill2016  Gabriel-5 

Gabriel Vilar Longarela, alumno del CIFP Compostela, consigiu en Göteborg (Suecia) a medalla de bronce do campionato Euroskills2016 en Servizos de Restaurante e Bar.

A unha brilante traxectoria, tras gañar antes os campeonatos galego e español, un séptimo posto no mundial de São Paulo (Brasil), e outros premios acadados ao longo da súa formación no CIFP Compostela, súmase este galardón maior.

Gabriel tivo que demostrar a súa competencia en cafetaría, coctelaría, montaxe e servizo de mesa, pegado de servilletas, cata cega de bebidas espeirituosas, cata cega de viños, servizo de bistró,  servizo de gala e banquete.

Foron tres días de competición moi dura e igualada, con preto de cinco horas de competición diária. A diferenza entre os seis primeiros foi por moi poucos puntos e había unha enorme presión e sobre todo profesionalidade.

Noraboa a Gabriel e agradecementos aos seus titores, Manuel L. Brea, Diego Mosquera, Ramiro Esparis e demais equipos docentes.

Enlaces en prensa: La voz de Galicia

Gabriel 600

IMG 20161204 202958 IMG 20161201 094147 IMG 20161201 101102 IMG 20161201 105951 IMG 20161201 122203 IMG 20161201 122959 IMG 20161202 164717 IMG 20161202 165548 IMG 20161203 104912