Martes, 21 Agosto, 2018
Cata de patacas I.X.P. Pataca de Galicia

 

Cata de patacas I.X.P. Pataca de Galicia

Mais de 150 alumnos/as do CIFP Compostela, participan nuna actividade relacionada coa iniciación a cata de Patacas de Galicia.

 
I.X.P.Pataca de Galicia 

Nove grupos de alumnos/as dos segundos cursos dos ciclos formativos das especialidades de Cociña e Gastronomía, Dirección de Cociña e Pastelaría, Repostariá e Confeitaría, participaron ao longo da semana do 23 ao 27 de xaneiro de 2017, nunha actividade relacionada coa identificación e iniciación á cata de patacas. Dita actividade estivo dirixida por D. José Antonio Chao Fernandez, técnico da I.X.P. Pataca de Galicia.

Inicialmente procedeuse á identificación e coñecemento do consello regulador da I.X.P. Pataca de Galicia, funcións, regulamento, zona xeográfica que abarca, castes recollidas, proxectos de investigación e outros aspectos relacionados coas funcións do Consello Regulador.

A continuación e despois de dar a coñecer as pautas de cata, procedeuse a identificar organolépticamente as castes presentadas, para esta ocasión, que foron a Kennebec, Agria, Fina de Carballo e Daifla.

Inicialmente a fase visual das patacas en cru. Externamente: Finura da pel, presenza externa e uniformidade. Internamente: Uniformidade da carne, alteracións internas e ennegrecemento.

Seguindo das mesmas en fritura tipo chips, valorando o aspecto externo (cor e defectos) e degustación (gusto en boca, crocabilidade, aceitosidade nas chips,…).

Nas patacas tipo barriñas fritas, valorouse en canto ao aspecto, o ennegrecemento a cor e a presenza de defectos, finalmente o gusto en boca.

Na pataca cocida valorouse a desintegración, consistencia, fariñosodade, estructura, sabor e ennegrecemento despis da coción.

Destacar que para o alumnado foi unha rica experiencia, que lle permitiu identificar sen dificultades as castes catadas, asi como as principais funcións do Consello Regulador da I.X.P. Pataca de Galicia.

O CIFP Compostela agradece a colaboración prestada polo Consello Regulador da I.X.P. Pataca de Galicia, profesionalmente representado por D. José Antonio Chao Fernandez.

Patacas 1