Mércores, 19 Decembro, 2018
ALBA TRIÑANES, MEDALLA DE PRATA EN PANADARIA NO SPAINSKILL-2017
Alba Triñanes Dieste, alumna do CIFP Compostela, foi a representante Galega no Campionato Nacional de F.P. Spain Skills, na especialidade de Panadería. Representación que lle correspondía por ser a gañadora do Galicia Skills.   panadeira-un

A nosa campioa acadou unha merecida MEDALLA DE PRATA na fase nacional, celebrada en Madrid durante os días 1, 2 e 3 de marzo de 2017.

Foron doce intensísimas horas de competición, durante as cales a nosa representante tivo que demostrar ó xurado toda a súa capacidade e destreza profesional, pugnando polo premio cos representantes de outras nove comunidades autónomas do Estado.

Durante os tres días de competición elaboráronse diferentes variedades de pans tradicionais, pans decorados, panciños de creación propia  relacionados co mundo mariño (tema sobre o que  versaba esta competición), Alba elaborou uns extraordinarios pans con forma de vieira e no interior con ourizos de mar, tamén elaborou outra variedade mesturada con algas e con forma de caracola.

Seguiron múltiples elaboracións de bolería doce en diferentes formatos, e por último, e como colofón, houbo que presentar unha peza artística elaborada integramente con masas de panadería e que fixera alusión ó tema da competición, “O Mundo Mariño”.

Para esta presentación, Alba elaborou un intricado conxunto de pezas que consistía  nun temón de barco, xunguido a unha áncora cun cabo,  e chantada enriba dunha rocha.

O comportamento da nosa  representante foi de ouro; unha muller con un rumbo claro, sempre co temón na man, unhas sólidas bases como a rocha, e segura de si mesma como unha áncora que gardas das barcas en tempo de tempestades, loitou contra vento e marea, e por fin acadou unha merecidísima medalla de prata.

En xeral foi unha extraordinaria actuación do Equipo Galego; de 23 especialidades nas que se competía, acadáronse 7 medallas: 3 de ouro, 1 de prata, e 3 de bronce.

Non todos conseguiron medallas, pero todos desfrutaron dun momento único e inesquecible, formaron parte do Equipo Galego de Span Skills 2017 e sempre recordarán este feito como logro do seu talento profesional.

Parabéns a todos os que formaron parte  deste Equipo Galego, unha gran familia con un fermoso recordo compartido.

Panadeira-1panadeira-2panadeira-3panadeira-5