Martes, 21 Agosto, 2018
VISITA DO INSTITUTO LOUIS GUILLOUX DE RENNES-FRANCIA

VISITA DO INSTITUTO LOUIS GUILLOUX

Alumnado e profesorado do Instituto Louis Guilloux de Rennes (capital administrativa da Bretaña francesa), realizaron unha estadía formativa no CIFP Compostela, entre os días 6 e 10 de marzo de 2017.

En total foron 18 alumnos (11 de cociña e 7 de servizos en restauración), dos estudos similares ao noso ciclo medio de formación, acompañados polos profesores: Sandrine Piederrière (profesora de español), Philippe Lomet (profesor de cociña) e Yann Jamet (profesor de servizos en restauración).

Durante a estadía desenvolveron un intenso programa de actividades.

Todos os dias almorzo, xantar e cea no centro, con unha hora de clase de español-francés.

Asistencia a talleres de cociña galega, con receitas tradicionais e repostaría, ademais de talleres de cata de viños galegos, elaboración de coctelaría clásica e de novas tendencias, cafés e chocolates e montaxe de sala para xantar.

Ademais das actividades lectivas desenvolveron actividades complementarias á súa formación como, visitas a adegas de viños, destilerías, torradoiros de café, queixerías, hoteis, mercado de abastos, visitas turísticas en Santiago, O Combarro e Pontevedra.

Destacamos a implicación e colaboración de todo o porfesorado e alumnado do CIFP Compostela, facendo extensible o agradecemento expresado polo profesorado francés, polo trato recibido, que afirman foi inesquecible e altamente de agradecer.

Para o CIFP Compostela, queda agora xestionar a posible devolución da visita para o vindeiro curso, a Rennes.

Algunhas das imaxes da visita:

DSC 0338