Martes, 21 Agosto, 2018
RUBEN VILARIÑO GAÑA O CAMPIONATO GALEGO DE TIRAXE DE CERVEXA

RUBEN VILARIÑO GAÑA O CAMPIONATO GALEGO DE TIRAXE DE CERVEXA

Rubén Vilariño, exalumno do CIFP Compostela do ciclo medio de Servizos en Restauración, acaba de proclamarse gañador da edición do Campionato Galego de Tiraxe de cervexa Estrella Galicia, celebrado no Forum Coruña 2017.

 
2017 3 13 31616s740x 

Actualmente Rubén, traballa na Bodeguilla de San Lázaro, natural de O Freixo, rematou os seus estudos no curso pasado 2015-2016.

No certame concursou con outros 29 participantes, procedendo con soltura e maestría no desenvolvemento do evento, diante do xurado técnico e de numeroso público que asistiu ao campionato.

Este galardón servelle para representar a Galicia na final nacional o vindeiro 25 de abril, no salón internacional de Gourmets en Madrid.

Parabéns a Rubén polo premio acadado e tamén o CIFP Compostela quere agradecer as súas palabras nun xornal local, no que afirma, “Os profesores esforzanse moito no seu traballo e penso que o CIFP Compostela, e creo que dos centros públicos é un dos mellores para aprender a profesión de hostalaría”.

Imaxe de Rubén co premio:

17309658 10210811754844423 7792070150152903398 n