Mércores, 19 Decembro, 2018
YAGO FOLGAR, SUBCAMPION DO 4º CAMPIONATO DE SUMILLERIA "SUSO DOMINGUEZ"

Yago Folgar do CS de Dirección de Servizos en Restauración, acadou o segundo premio na 4ª edición do campionato de sumilleria Suso Dominguez, celebrado no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, o pasado día 16 de marzo.

O concurso consistiu en seleccionar os viños adecuados para cada bodega, coidar a súa conservación, presentalos e servilos na mesa e propoñer posibles maridaxes co menú.

Unha primeira proba consistíu nun cuestionario específico sobre aDenominación de Orixe Monterrei, na que se centrou esta edición do campionato, os competidores participaron na identificación dun viño entre 5 referencias erealizaron diante do público unha demostración de decantación tipo aireado.

Seguidamente realizaron unha proba clásica de servizo de salaque avaliaou un xurado encabezado por Xoan Cannas, director doInstituto Galego do Viño, Luis Miguel López Núñez, director técnico da D.O. Monterrei, e Martiño Santos e Xosé Gontá, propietarios da tenda de viños Vive Vide de Santiago.

Os futuros sumilleres tiveron que escoller o material co que realizar a proba e as operacións técnicas de apertura e servizo do viño, así como as explicaciónsque diron durante o exercizo sobre as características do viño e a súa versatilidade.

Cada uno dos competidoresdispuxo de 10 minutos para realizar a prueba de decantación e demostrar o dominio do metodo e técnica en sala.

Noraboa ao alumno e ao seu profesorado

iago-2

Iago-1