Xoves, 20 Xuño, 2019
Alumnado do CM APSD acada o 3º Premio no concurso EDUEMPRENDE IDEA 2017

Os alumnos e alumnas do CIFP COMPOSTELA:

Mª José Pinagorte Cedeño, Tony Manuel Búa Benítez, Antonella Franco Cucucovich e Ireñe Fandiño Parrado.

Obtiveron o 3º Premio na modalidade B (Ciclos de Grao Medio) no concurso EDUEMPRENDE IDEA 2017 co seu proxecto ENCONTROS S.L. un centro de lecer en Santiago de Compostela para persoas da Terceira Idade.

"Pensamos que era unha boa idea de negocio debido a que hoxe en día a poboación no rango de idades de 60 anos en adiante é moi abundante e, ademais, cada vez é un colectivo máis activo, para o cal aínda non hai recursos os recursos necesarios. O noso obxectivo con este proxecto era ofrecer un recurso pouco aproveitado aos maiores da nosa contorna e, ademais, pretendíamos contribuír ao benestar social das "raíces da nosa vida", os nosos maiores".

NORABOA POLO VOSO TRABALLO!!